Curtametraxe experimental sobre o ser humano e a súa perspectiva de auto-contemplación, o narcisismo humano en contraste coa realidade existencial e obxectiva. Esa ilusoria percepción da inmortalidade e o seu propio concepto do tempo representado a través dunha escena aparentemente idílica. Un picnic é interrompido bruscamente pola natureza desenfreada, o humano e a súa soñada acaban sendo devorados.